O REMAC é o Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas, no que figuran inscritas a maioría de asociacións ou entidades sen ánimo de lucro da cidade.
A inscrición constitúe un requisito necesario para o acceso a determinados programas, cursos formativos, uso de equipamentos municipais ou subvencións convocadas pola Administración Local.
O REMAC regúlase no art. 13 do Regulamento Orgánico de Participación Cidadá do Concello da Coruña.
Inscrición
As inscricións realizaranse sempre a petición das entidades interesadas, que deberán presentar a solicitude normalizada a través da sede electrónica do Concello da Coruña, acompañada da seguinte documentación:
No prazo máximo de quince días desde a solicitude de inscrición, e salvo que se requiriu achegar documentación non incluída inicialmente, o Concello notificará á asociación o seu número de inscrición e, a partir dese momento considerarase de alta para todos os efectos.
Inicia aquí o procedemento de inscrición:
REMAC - Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña.
Actualización anual
As asociacións inscritas deberán comunicar anualmente o orzamento e o programa anual de actividades, así como as variacións do número de socios.Presentarase por rexistro a través da sede electrónica no mes de xaneiro.
Modificación de datos
As asociacións inscritas están obrigadas a notificar ao REMAC calquera modificación dos datos achegados dentro do mes seguinte ao que se produza: cambios na xunta directiva, modificacións do domicilio social, teléfonos, direccións electrónicas, forma de recibir as notificacións, etc.
Cancelación da inscrición
As asociacións inscritas no REMAC poderán solicitar por rexistro, a través da sede electrónica do Concello, a baixa da entidade no Rexistro.
Ademais, hai varias causas polas que o Concello poderá proceder á cancelación da inscrición dunha entidade:
Modelos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible