Concello da Coruña

Concello da Coruña

Asociación de Empresarias da Coruña-AECO

Enderezo:

Rúa Andrés Martínez Salazar 3, 1º. 15011 A Coruña

Centro de Negocios iWORKs LEVEL

Teléfono:

981145493

981297870

Páxina web:

http://www.aecoempresarias.org

CIF/NIF:

G15156573

Servizos:

Apoio e asesoramento a persoas emprendedoras e demandantes de emprego.

Formación para demandantes de emprego: innovación na actividade comercial e vendas, auxiliar de servizos en centros comerciais...

Formación para empresarias e empresarios: taller de xestión do coñecemento na empresa, carné de manipulador de alimentos...

Formación para persoas traballadoras: calidade no servizo de atención ao cliente, calidade na PEME, a norma ISO 9001:2008, prevención de riscos laborais...

Formación en novas tecnoloxías.

Presidenta: Ana Isabel Ulloa Lobeiras

Obxectivos:

Favorecer a formación e cualificación profesional do tecido empresarial, e especialmente das súas asociadas, así como o fomento da conciliación da vida laboral e familiar.

Promover o desenvolvemento socioeconómico do territorio por medio de actuacións de formación profesional ou formación continua a desempregados ou colectivos en risco de exclusión social, promoción do emprego, sociedade do coñecemento, investigación e análise da realidade local, apoio ás iniciativas locais de infraestruturas produtivas e participación en entidades de desarollo local e empresarial.

Fomentar e apoiar a competitividade das empresas asociadas, promovendo a cultura de calidade e o desenvolvemento sustentable.

Entidade sen animo de lucro formada por empresarias directivas executivas e emprendedoras da provincia da Coruña.

Rexistro municipal de asociacións coruñesas:

Comercio e empresa, Mulleres

Datos no rexistro REMAC

Número de rexistro: 282

Data de alta: 31 de outubro de 2012

Data actualización: 10 de xullo de 2025

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión