Recóllense a continuación aqueles apartados que consideramos de maior interese:
Normativa municipal
Ademais da indicada lei de contratación pública, de obrigado cumprimento para todas as administracións, o Concello da Coruña publicou outras instrucións en materia de contratación que poden consultarse no apartado "Normativa municipal", sección "Instrucións":
Perfil do Contratante
A súa regulación recóllese no art. 63 da Lei de Contratos do Sector Público mencionada anteriormente. Establécese co fin de asegurar a transparencia e o acceso público (vía web e de fácil acceso) á información relativa á actividade contractual da administración correspondente, podendo incluír calquera dato ou información referida aos concursos públicos (anuncios, licitacións abertas ou en curso, documentación requirida, contido dos pregos, procedementos anulados...), e outra información útil de tipo xeral (forma de contacto e horario do órgano de contratación).
Pódese acceder a esta información a través da Sede electrónica do Concello da Coruña para o caso de licitacións anteriores ao 9 de marzo de 2017.
Pode acceder á información contractual desde o 9 de marzo na Plataforma de contratación do Sector Público.
Modelos de procedementos abreviados simplificados
En aplicación da apartado "racionalización e axilización da actividade contractual" do Concello da Coruña, recollido na
Instrución sobre a actividade contractual do Concello da Coruña
, o servizo de Contratación elaborou tres modelos de procedementos abreviados simplificados ("sumarísimos") correspondentes aos contratos de obras, servizos e subministracións, como referencia para os seus futuros procedementos de contratación.
Estes modelos foron ratificados pola XGL en sesión extraordinaria e urxente de 7 de febreiro de 2020:
Mesa de Contratación
Regúlase o seu funcionamento e composición na lei estatal de contratos (art. 326 e Disposición Adicional segunda, apdo. 7). Esta Mesa de Contratación será o órgano competente para a valoración das ofertas presentadas aos concursos licitados e é de existencia obrigatoria.
Estará constituída por unha Presidencia, as vogalías que se determinen, e unha Secretaría designada entre o persoal funcionario. A súa composición permanente para o mandato 2023-2027 é a seguinte:
- Presidente: Concelleiro de Economía e Planificación Urbana
- Suplente: A persoa que ostente a coordinación xeral da área de Economía e Planificación Urbana
- Vogais:
- Interventor Xeral
- Suplente: Funcionarios/as que desempeñen postos de traballo do Grupo A1 ou A1/A2, baixo a dependencia funcional da Intervención que substitúan en casos de vacante, ausencia ou enfermidade, ou no que delegue de conformidade co artigo 326.5 da Lei 9/17, antes citada.
- Titular do órgano da Asesoría Xurídica do Concello.
- Suplente: Funcionario/a que desempeñe postos de traballo de letrado/a na asesoría xurídica do Concello.
- Titular da xefatura de Servizo de Contratación.
- Suplente: Funcionarios/as que desempeñen postos de traballo do Grupo A1 ou A1/A2, baixo a dependencia do servizo de contratación, que o/a substitúan en casos de vacante, ausencia ou enfermidade, coa seguinte orde de prelación:
- en primeiro lugar, a persoa que ostente unha xefatura de departamento no servizo de Contratación e non integre a mesa.
- en segundo lugar, a persoa que ostente unha xefatura de sección con maior antigüidade e non forme parte da mesa de Contratación
- en terceiro lugar, un funcionario/a que desempeñe un posto de traballo do Grupo A1 e que non forme parte da Mesa de Contratación, por orde de antigüidade na administración.
- Titular. A persoa que ostente a dirección da área de Economía, Facenda e Réxime Interior.
- Suplente: A persoa que ostente a dirección da área de Medio Ambiente.
- Secretaría: Titular da xefatura do departamento de contratación de obras e concesións de obras.
- Suplente: Funcionarios/as que desempeñen postos de traballo do Grupo A1 ou A1/A2, baixo a dependencia do servizo de contratación, que o/a substitúan en casos de vacante, ausencia ou enfermidade, coa seguinte orde de prelación:
- en primeiro lugar, a persoa que ostente unha xefatura de departamento no servizo de Contratación e non integre a mesa.
- en segundo lugar, a persoa que ostente unha xefatura de sección con maior antigüidade e non forme parte da mesa de Contratación.
- en terceiro lugar, un funcionario/a que desempeñe un posto de traballo do Grupo A1 e que non forme parte da Mesa de Contratación, por orde de antigüidade na administración.
Características:
- Asistirá ás sesións das mesas de contratación, persoal adscrito ao servizo de contratación, para prestar á mesa e á súa secretaría, apoio administrativo e tecnolóxico no seu desenvolvemento.
- Poderán asistir, ás sesións das mesas de contratación, a cuxo fin serán citados por correo electrónico, aínda sen ser integrantes, un concelleiro por cada grupo político municipal, con independencia do carácter público ou non do trámite. Nos trámites que non sexan reservados, poderá asistir o público en xeral e as persoas interesadas en particular, nomeadamente persoal representante da Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APECCO), nos contratos de obras.
- Constituirase Mesa de Contratación potestativamente, naqueles non sexa preceptiva a súa intervención, cando así se contemple nos respectivos pregos de cláusulas administrativas particulares e no propio expediente de contratación, e preceptivamente nos seguintes procedementos de contratación:
- Abertos
- Abertos simplificados
- Procedementos restrinxidos
- De diálogo competitivo
- De licitación con negociación
- De asociación para a innovación
- As mesas de contratación poderán funcionar telemáticamente de acordo coas regras de funcionamento que se diten para o efecto, ou na súa falta, de acordo co procedemento establecido no art. 17 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
- Este acordo será eficaz desde a data da súa aprobación.
- Publicar os cargos dos membros da Mesa de Contratación de conformidade co artigo 63.5 LCSP.
- Deixar sen efectos os acordos da XGL de 28 de xuño e 6 de novembro de 2019 e de 16 de decembro de 2020, relativos á composición da Mesa de Contratación.
Publicación mensual da formalización de contratos
Segundo o establecido no art. 154.1 da Lei de Contratos, pode acceder á información sobre contratos formalizados desde o 9 de marzo de 2018 na plataforma de contratación do Sector Público, e tamén desde a páxina de
Contratos formalizados
Publicación dos contratos menores
Para cumprir co establecido, fanse públicos os contratos menores formalizados por este Concello.
Actas Mesas de Contratación
Para cumprir co establecido, publícanse as
Actas da mesa de contratación