Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio Asociación de Comerciantes Boulevard Elviña para financiar actividades de dinamización comercial

Ano:

2016

Tipo:

Subvenciones nominativas

Prazo de presentación:

As actuacións levaranse a cabo no período de vixencia do presente convenio de colaboración, polo que o prazo para a execución das accións comprenderá desde o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do ano en curso. En consecuencia, as facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil, deberán ser emitidas dentro do referido período.

Unha vez finalizada a actividade e, en todo caso, antes de que transcorran dous meses desde a finalización da vixencia do convenio, a Asociación de Comerciantes Boulevard Elviña deberá presentar a seguinte documentación xustificativa no Rexistro Xeral.

Obxecto:

O presente convenio ten por obxecto o desenvolvemento de accións de apoio e dinamización comercial dirixido ao comercio de proximidade durante o ano 2016, que se concretará nas seguintes liñas de actuación:

  • Contratación de dinamizadores comerciais

  • Accións de difusión e promoción do comercio coruñés

Para isto, a Asociación de Comerciantes Boulevard Elviña comprométese a levar a cabo, durante este ano, as actividades sinaladas e reflectidas na Memoria presentada e dirixilas a todos e a cada un dos comercios de proximidade asociados a ela para o desenvolvemento destas accións e programas.

Para a realización dalgunha destas actividades, o Concello poderá poñer a disposición da entidade algún local municipal, logo da previa solicitude da asociación e autorización do Concello, sempre que a actividade teña carácter gratuíto.

Remuneración / Dotación:

4.000,00 €

Abono:

Con carácter xeral, o recoñecemento de obriga a favor do beneficiario e o pago da achega realizarase tras a presentación e aprobación da xustificación nos termos establecidos neste convenio. Producirase a perda de dereito ao cobro total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 da LXS.

Tamén se poderán realizar pagos anticipados de ata un 80% da subvención, que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, deberá ser solicitado expresamente pola entidade beneficiaria e deberá constituírse unha garantía de ata un 20% do importe total da subvención, que se realizará mediante a retención do pago polo Concello, xa sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata alcanzar esta contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e se non existe responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, procederase á devolución da cantidade retida en concepto de garantía.

Entidade:

Asociación de Comerciantes Boulevard Elviña

Documentos:

Texto convenio BOULEVARD en castelán (67 KB)

Texto convenio BOULEVARD en galego (64 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión