2016
En concurrencia
Dende o 01/10/2016 ata o 24/10/2016
O prazo para presentar as solicitudes será de QUINCE DÍAS que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria específica no Boletín Oficial da Provincia
É obxecto desta convocatoria outorgar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para apoiar economicamente as entidades na realización de accións, no ámbito do municipio, que contribúan á incorporación de tecnoloxía innovadora nas micro e pequenas empresas, á expansión internacional das mesmas e ao fomento e estímulo da economía social, de acordo con criterios obxectivos que ponderen a relevancia e coherencia.
Para o mellor desenvolvemento do seu labor, establécense tres tipos de liñas subvencionables dentro da presente convocatoria:
Liña 1: Innovación.
O obxecto desta liña é a de fomentar a incorporación ou desenvolvemento de tecnoloxía innovadora que favoreza o crecemento, a adecuación a novos mercados e/ou a mellora da posición competitiva das empresas, con sede no municipio.
Liña 2: Internacionalización.
O obxecto desta liña é a de apoiar a realización de actividades e o desenvolvemento de iniciativas que incentiven a promoción exterior das micro e pequenas empresas a través de accións ou proxectos como poden ser:
Asesoramento técnico especializado de apoio á expansión internacional
Accións de difusión de oportunidades de negocio
Sesións de contacto con mercados internacionais
Liña 3: Fomento, estímulo e mellora da competitividade das entidades de economía social
O obxecto desta liña é a de poñer en valor este sector económico apoiando aquelas entidades que desenvolven accións, actividades ou proxectos que estimulen a economía social como modelo de desenvolvemento económico e social equilibrado e sustentable a través de accións ou proxectos como poden ser:
Accións de difusión e promoción das formas empresariais e sociais da economía social
Accións de impulso do I+D+I nas empresas de economía social
Poderase solicitar subvención para unha ou varias liñas subvencionables nunha única solicitude, sempre que indique a entidade interesada cada actividade de forma independente e por orde de preferencia.
No caso de presentar solicitude para máis dunha liña, programa ou actividade, a entidade solicitante deberá presentar memoria e orzamento de ingresos e gastos para cada unha delas.
Poderán ser beneficiarias para os efectos da presente convocatoria, as entidades privadas sen ánimo de lucro, de carácter empresarial (multisectorial e/ou sectorial) e con personalidade xurídica.
As ditas asociacións deberán estar legalmente constituídas, como entidades sen ánimo de lucro, e inscritas no rexistro de asociacións correspondente.
Quedan excluídas desta convocatoria as asociacións e entidades que estean incluídas no orzamento municipal de 2016, no anexo de transferencias: Convenios nominativos, como posibles beneficiarias de subvención nominativa do Concello da Coruña.
No orzamento xeral do Concello da Coruña para o exercicio 2016 figura crédito a través do cal serán atendidas as solicitudes de axudas previstas na convocatoria e que se poidan outorgar no ano 2016.
As axudas, no ámbito do desenvolvemento económico e da dinamización e mellora do noso tecido produtivo, faranse efectivas na aplicación orzamentaria 60.433.48900 denominada "transferencias correntes a familias e institucións sen ánimo de lucro" do orzamento xeral para o exercicio económico 2016, por un importe global de 100.000 euros.
A contía establecida poderá ser incrementada por resolución do órgano competente logo da previa tramitación do expediente de modificación de crédito.
O aboamento da subvención levarase a cabo mediante un pago único, e quedará condicionado a que:
Se acredite a execución da actuación coa presentación da xustificación conforme ao establecido na cláusula 17 da convocatoria
Certificado actualizado de estar ao corrente nas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social
Prazo de execución de actividades:
Entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016
Prazo de xustificación de actividades:
Un mes que se contará a partir da finalización do prazo para a realización da actividade, e no caso de actividades finalizadas con anterioridade á recepción da notificación da resolución definitiva de concesión, o prazo dun mes contarase a partir do día seguinte ao de recepción da notificación. O prazo máximo finaliza o 31 de xaneiro de 2017, inclusive.
Texto bases convocatoria PROXECTOS PROMOCIÓN ECONÓMICA en castelán (200 KB)
Proxecto bases convocatoria PROXECTOS PROMOCIÓN ECONÓMICA en galego (192 KB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible