2017
En concurrencia
O prazo de presentación das solicitudes será dun MES e comezará a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, e deberase presentar segundo o modelo oficial publicado na páxina web do concello (www.coruna.es/vivienda) e na sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es), xunto coa documentación indicada nel.
O obxecto desta convocatoria é conceder subvencións para a execución de obras de rehabilitación para os supostos establecidos no art. 93 da Ordenanza municipal de conservación e rehabilitación de inmobles, conforme aos requisitos, esixencia e porcentaxes definidos na base 2ª da convocatoria.
Comprobada a correcta execución das obras, resolverase definitivamente o expediente e concederase a subvención sobre o importe dos pagos, acreditados mediante as facturas entregadas, polas obras aprobadas na resolución inicial. O importe da subvención non poderá ser superior ao establecido na resolución inicial.
Non obstante, poderanse realizar pagos anticipados ou aboamentos a conta do importe da subvención nos termos previstos no art. 107 da ordenanza reguladora.
Contía total: 1.860.000 euros, (770.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 30.1522.78001 e 1.090.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 30.1522.78004).
Aplicarase á concesión destas axudas calquera incremento das devanditas aplicacións no exercicio 2017 como consecuencia dunha xeración, unha ampliación ou unha incorporación de crédito.
Igualmente poderase aplicar a esta convocatoria o crédito dispoñible nas devanditas aplicacións unha vez que entre en vigor o orzamento definitivo de 2017, en cuxa aprobación inicial constan créditos iniciais por importe de 1.200.000,00 € na aplicación 30.1522.78001 e de 1.450.000,00 € na aplicación 30.1522.78004
Comprobada a correcta execución das obras, resolverase definitivamente o expediente e concederase a subvención sobre o importe dos pagos, acreditados mediante as facturas entregadas, polas obras aprobadas na resolución inicial. O importe da subvención non poderá ser superior ao establecido na resolución inicial.
Non obstante, poderanse realizar pagos anticipados ou aboamentos por conta do importe da subvención nos termos previstos no art. 107 da ordenanza reguladora.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible