2026
Subvenciones nominativas
O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o CONCELLO e a AESIA co fin de contribuír á atención dos gastos derivados do ofrecemento a favor do persoal desprazado da AESIA e os seus familiares durante o ano 2026, en cumprimento dos compromisos adquiridos co Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública polo establecemento da AESIA na cidade da Coruña.
No Anexo I deste convenio recóllese a relación de actividades e gastos financiables, coincidentes coa memoria da candidatura e co Acordo do Consello de Ministros do 5 de decembro de 2022, polo que se determina a sede física da futura Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial.
Este convenio financia os gastos obxecto de subvención desenvoltos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano 2026.
10.000,00 €
Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible