Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio entre Museos Científicos da Coruña e a Universidade da Coruña para o financiamento de actividades realizadas no marco da Cátedra de Divulgación Científica da UDC

Ano:

2016

Tipo:

Subvenciones nominativas

Prazo de presentación:

Finalizada a actividade, ou ben cando a entidade realizase gastos por importe igual ou superior ao orzamento presentado e, en todo caso, antes de que transcorran dous meses desde a finalización da vixencia do convenio, a entidade deberá presentar a documentación xustificativa no rexistro xeral.

Obxecto:

O obxecto do presente convenio é a regulación da colaboración entre a Universidade da Coruña e o Concello da Coruña para a promoción da cultura científica, co fin de fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral, no marco da "Cátedra de divulgación científica da UDC Isabel Zendal", de acordo co Regulamento para a creación e xestión das cátedras e aulas institucional da Universidade da Coruña, aprobado no Consello de Goberno do 28 de febreiro de 2013.

Como obxectivos estratéxicos da Cátedra destacan os seguintes:

1. A Cátedra de Cultura Científica promoverá a cultura científica e tecnolóxica na sociedade. Especialmente a cátedra incidirá no coñecemento non especializado dos principais desenvolvementos científicos e tecnolóxicos que se producen na actualidade.

2. A cátedra no ámbito da docencia formará alumnado en materia de divulgación científica, apoiándose para iso nos Museos Científicos Coruñeses.

3. A cátedra investigará e realizará estudos orientados a analizar especificamente a extensión social da ciencia, a tecnoloxía e a cultura científica e tecnolóxica. Investigará tamén as implicacións sociais do desenvolvemento científico e tecnolóxico.

Remuneración / Custo:

20.000,00 €

Abono:

Con carácter xeral, o recoñecemento de obriga a favor do beneficiario e o pago da achega realizaranse tras a presentación e aprobación da xustificación nos termos establecidos neste convenio. Ditarase a resolución declaratoria da perda de dereito ao cobro total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 da Lei xeral de subvencións.

Tamén se poderán realizar pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, deberá ser solicitado expresamente pola entidade beneficiaria e deberase constituír unha garantía do 10% do importe total da subvención, que se realizará mediante a retención do pago polo Concello, xa sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata acadar esta contía.

Entidade:

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Documentos:

Texto convenio UNIVERSIDADE A Coruña en castelán (160 KB)

Texto convenio UNIVERSIDADE A Coruña en galego (149 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión