Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de Axuda ás Actuacións de Rehabilitación a Nivel de Barrio do PRTR, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

Ano:

2025

Tipo:

En concurrencia

Inscricións:

Dende o 07/06/2025 ata o 07/07/2025

Fecha de publicación:

6 de xuño de 2025

Obxecto:

As actuacións subvencionables son as definidas con cargo ao programa de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) recollidas no artigo 14 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro. En síntese, son subvencionables as obras ou actuacións de mellora ou rehabilitación de edificios de uso predominantemente residencial para vivenda, incluídas as vivendas unifamiliares, nas que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética.

A quen vai dirixido?:

Poderá ser beneficiario desta axuda quen asuma a responsabilidade da execución da actuación en proporción ao custo asumido por cada un.

Cando se trate de comunidades de propietarios e agrupacións de comunidades de propietarios, esta regra resultará igualmente de aplicación con independencia de que, tanto o seu importe, como o custo das obras, deba repercutirse nas persoas propietarias das vivendas e, se fose o caso, dos locais comerciais ou campos doutros usos compatibles, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal.

Remuneración / Dotación:

Ao financiamento destas axudas destinaranse 5.145.483,14 €, con cargo ás aplicacións orzamentarias 30.1522.78010 e 30.1522.78010.24 do orzamento municipal do ano 2025, e condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión, coa seguinte repartición:

Denominación ERRP Importe Ministerio/NEXT-GENERATIONEU Número de actuacións totais
ERRP Cidade Vella e Pescadería 729.990,10 € 42
ERRP Grupo de Vivendas María Pita -Labañou 765.356,28 € 40
ERRP Grupo Casas de Franco-Ventorrillo 1.451.703,22 € 76
Barrio das Flores 2.198.433,54 € 126

O importe máximo das axudas establecerase segundo o establecido no artigo 15.º do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os Programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), (publicado no BOE núm. 239 de 06.10.2021) modificado polo Real decreto 903/2022, do 25 de outubro.

Abono:

O prazo para presentar a documentación xustificativa da execución e aboamento das obras é de 15 días hábiles que se contarán desde a finalización da obra obxecto da subvención, fixada na resolución de concesión da subvención.

En todos os casos, as obras para as que solicite axuda deberán estar finalizadas antes do 30 de xuño de 2026.

Resolución:

2025_0000003636.pdf (155 KB)

Bases da convocatoria:

convocatoria-castellano.pdf (585 KB)

Documentos:

convocatoria en galego (568 KB)

LISTADO-SUBVENCIONS-CONCEDIDAS-DENEGADAS-DESISTIDAS-E-EXCLUIDAS.pdf (373 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión