Concello da Coruña

Concello da Coruña

SIGU

Subvencións destinadas a actividades de interese social en materia de Igualdade e Diversidade

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sector público, Sociedade e benestar

Vixente:

Si

Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas a actividades de interese social en materia de igualdade e diversidade

Subvencións destinadas a actividades de interese social en materia de igualdade e diversidade para o exercicio 2026

Inscricións:

Dende o 07/04/2026 ata o 05/05/2026

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas, xurídicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, estean validamente constituídas e poidan levar a cabo as actividades ou proxectos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Requisitos:

INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA

Os beneficiarios deberán cumprir os requisitos do artigo 13 de Lei xeral de subvencións así como os da convocatoria.

Estes requisitos deberán manterse ao longo do ano da convocatoria. Non se poderá disolver a agrupación ata que transcorrese o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei xeral de subvencións.

A entidade deberá asinar a correspondente declaración relativa ao cumprimento destes requisitos e que figura no Anexo S1.

(** En relación ao requisito de inscrición no REMAC, no suposto de non estar inscritos, deberá solicitar a súa inscrición, utilizando o trámite REMAC - Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña.  Deberá estar inscrita antes da data da proposta de concesión da subvención.

Unha vez obtida a correspondente inscrición no REMAC, deberá comunicarllo ao servizo que encargado da tramitación desta convocatoria).

Reformulación

Cando a subvención teña por obxecto o financiamento de actividades ou proxectos para desenvolver a entidade solicitante e o importe da subvención da proposta de resolución provisional sexa inferior á que figura na solicitude presentada, de conformidade co disposto no artigo 27 da LGS, poderase instar a persoa beneficiaria á reformulación da súa solicitude, para axustar os compromisos e as condicións á subvención outorgable, nun prazo non superior a cinco días hábiles dende a finalización do prazo de presentación de alegacións.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade

Máis información:

  • As propostas de resolución provisional e definitiva non crean ningún dereito a favor da beneficiaria proposta fronte á Administración, mentres non se lle notificase a resolución da concesión.
  • Dadas as características dos destinatarios das subvencións, a contía, así como a natureza das iniciativas obxecto de subvención, poderá acordarse o pago anticipado da subvención outorgada, que supoñerá entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, todo iso acorde coa Base 20 da convocatoria.

Presentación

Prazo de presentación:

20 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (do 7 de abril ao 5 de maio, ambos inclusive).

Documentación necesaria:

Formulario web, debidamente cuberto.

MEMORIA: Memoria explicativa da actividade, proxecto ou actuación ANEXO S.1.

ORZAMENTOS: Orzamentos de ingresos e gastos da actividade ANEXO S.2A para a LIÑA 1 e ANEXO S.2B para a LIÑA 2

MEMORIA DE ACTIVIDADES REALIZADAS CON ANTERIORIDADE ANEXO S-3

OUTRAS SUBVENCIÓNS: Certificado sobre subvencións concedidas e solicitadas (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)

PREVISIÓN DE CONTRATACIÓN: Declaración sobre previsión de contratación con persoas ou entidades vinculadas (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)

CARGOS REPRESENTATIVOS E DOMICILIO SOCIAL: Certificación acreditativa dos cargos representativos e domicilio social (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)

DOCUMENTACIÓN XA PRESENTADA: Declaración de documentación xa presentada previamente no Concello da Coruña pola entidade (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)

OBRIGAS TRIBUTARIAS: (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)

DATOS BANCARIOS: Certificación datos bancarios da entidade solicitante. (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)

ESTATUTOS: Copia dos estatutos da entidade.

REMAC: Resolución de inscrición no REMAC. No suposto de non estar inscritos en REMAC, deberá solicitar a súa inscrición no servizo correspondente.

OUTRA DOCUMENTACIÓN: Calquera outra documentación que a entidade solicitante entenda que é pertinente para a súa mellor valoración ou detalle mediante unha memoria complementaria cuxa extensión máxima será de 6 folios.

DOCUMENTACIÓN PARA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN

Anexo J.0 - Solicitude de xustificación da subvención concedida

Anexo J.1 - Memoria explicativa da actividade

Anexo J.2 Liña 1 - Balance e desviacións

Anexo J.2 Liña 2 - Balance e desviacións

Anexo J.3 Liña 1 - Relación detallada de ingresos e gastos

Anexo J.3 Liña 2 - Relación detallada de ingresos e gastos

Anexo J.3A - Certificación individualizada sobre indemnizacións por razón de servizo

Anexo J.4 - Gastos de persoal

Anexo J.5 - Certificación de subvencións solicitadas, concedidas ou percibidas

Documentos relacionados

  • Anexo S.1 Memoria descritiva do proxecto_actividade (280 KB)
  • Anexo S-2A Orzamento ingresos e gastos linea 1 (349 KB)
  • Anexo S-2B Orzamento ingresos y gastos linea 2 (338 KB)
  • ANEXO S-3 Memoria actividades anteriores (275 KB)
  • Anexo R-1 Reformulación orzamento linea 2 (351 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

NON ADMITE TRAMITACIÓN PRESENCIAL. É OBRIGATORIA A TRAMITACIÓN TELEMÁTICA.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=2322

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

9 meses a partir da finalización do prazo de presentación das solicitudes

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

XUSTIFICACIÓN

O pago da subvención concedida realizarase logo da previa xustificación pola persoa beneficiaria da realización da/s actividade/es ou proxecto/s para os que se concedeu a subvención, nos termos establecidos na normativa reguladora da subvención. Poderá acordarse o pago anticipado da subvención outorgada, que supoñerá entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, de conformidade coas bases da convocatoria.

A documentación acreditativa da xustificación da subvención deberá presentarse no prazo de tres meses, que se contarán a partir da finalización do prazo para realizar a actividade ou proxecto obxecto da subvención concedida. A documentación xustificativa deberá presentarse a través do trámite desta sede de Achega de documentación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión