Familias
Familias
21/05/2019
Xa rematou
Dende o 16/05/2019 ata o 21/05/2019
A inscrición comezará ás 10.00 h. Para crianzas de 3 a 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
18.30 horas
1 h aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde e con inscrición previa
Sabes como xogar ao Garutiño ou como ir bailando Camiño de Viseu?
Neste obradoiro de baile, Mercedes Prieto explicará de forma amena e sinxela distintos bailes e xogos do repertorio galego-portugués (recollidos moitos deles no libro-disco-dvd Na punta do pé, de Pesdelán) para que todas as persoas poidamos participar e o tempo pase sen darnos conta mentres gozamos, rimos e coñecemos as nosas novas e novos acompañantes neste baile.
Esta actividade desenvolverase na aula 7 do Centro Ágora.
Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible