Visita o álbum de fotos deste programa
Encontros e presentacións, Charlas e debates, Talleres
Persoas adultas
+ 18 anos
29/11/2017
Xa rematou
Dende o 22/11/2017 ata o 29/11/2017
De 19.00 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
bforum@coruna.es
981184298
Hai outras formas máis sustentables de facer ou de vivir. Descúbreas!
Vivimos nunha cidade rodeada polo océano, cos seus peixes e os seus mariscos, pero... canto sabes de algas? Achégate para coñecer a estas grandes esquecidas do noso mar, onde falaremos das súas propiedades e beneficios para a saúde. Descubriremos como recoñecelas e conseguilas, como empregalas para o noso benestar e aprenderemos sinxelas receitas de cosmética natural nas que se empregan as algas.
Estarán con nós Óscar Freire Gago e Silvia Cebeira Pérez, biólogos e educadores ambientais de Oxígeno Ocio Educativo.
Queres saber ...
É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible