Charlas e debates
Persoas adultas, Xuvenil
09/11/2018
Xa rematou
De 19:30 a 20:30 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981184298
"Oza, un mar de mulleres", proxecto participativo organizado pola Asociación Veciñal Oza, Gaiteira, Os Castros e financiado polo Concello da Coruña.
Conferencia-faladoiro que ten como obxectivo poñer de manifesto a importancia da incorporación da muller ao mundo laboral en todos os eidos, mesmo conquistando espazos a priori reservados para os homes. Para esta actividade contamos coa participación de mulleres que son exemplo vivo deste proceso e que compartiran con nós a súa experiencia laboral en sectores preferentemente masculinos, como é o caso de mariscadoras, cigarreiras e estibadoras.
Para moderar esta palestra convidamos a Laura Rey Pasandin que ademais de ser técnica Superior en Integración Social, Educadora Social e lincenciada en Psicopedagoxía acaba de publicar a súa primeira novela, "As máns na Terra", da editorial Toxosoutos,
A novela é unha historia de varias vidas contada a través dunha soa voz coa delicadeza, a sinceridade e a orixinalidade que fan desta novela unha homenaxe ao mundo labrego e sobre todo, ao mundo das mulleres do rural. Será unha sorte poder contar coa súa presenza e simultanear a actividade coa presentación da súa novela por primieira vez no barrio.
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible