Fotografía tomada do flickr de Gabriel González
Charlas e debates
Familias, Para público en xeral
07/06/2016
Xa rematou
19 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981184298
Queres achegarte á observación da natureza? Dominas o manexo de guías e outro material especializado para o descubrimento e goce de calquera paseo pola natureza?
O Concello da Coruña, a través de @CorunaSostible, propoñen xuño coma Un mes para pensar na nosa cidade e no noso planeta cunha serie de actividades entre as que se atopa o ciclo A natureza chega ás bibliotecas.
Con esta charla descubrirás unha serie de trucos imprescindibles para achegarte á observación dos seres vivos e aos instrumentos e ferramentas máis útiles para facelo.
Guías de flores, setas, árbores ou algas. Aves, mamíferos, reptiles, insectos ou fauna marina. Tamén te achegaremos á busca e observación de pegadas e rastros animais e ás principais clases de prismáticos, ao uso de telescopios terrestres e lupas binoculares.
Tamén te aconsellaremos para unha correcta elección e compra dos diferentes libros especializados.
Converte en proveitosas as túas saídas ao campo!
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible