Contacontos
Infantil
4 a 10 anos
18/10/2017
Xa rematou
ás 18:30h.
Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín 3, 3º. 15002 A Coruña
981184382
A nena Irene, filla de cooperantes de Solidariedade Internacional de Galicia, leva tempo dando a coñecer as nenas e nenos galegos a realidade de países que viven en condicións máis desfavorables.
CONTOS DO MUNDO quere fomentar a interculturalidade, para erradicar futuros comportamentos racistas, xenófobos, etnocentristas e a creación de prexuízos e estereotipos culturais e sociais. A través de lendas populares saharauís fomentaranse valores como a tolerancia, o respecto á diversidade, e o enriquecemento mutuo que nos proporcionan as diferentes culturas. Organizado por Solidariedade Internacional de Galicia.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible