Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Conversa. Do amor e A Odisea: século XXI

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

+ 18 anos

Cando:

02/05/2024

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

18.30 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Hashtag:

#OAmorNosTemposDoAlgoritmo

Contacto:

brosales@coruna.es

981 184389

Aventúrate a descubrir un novo tema de interese, a ampliar información e contrastar ideas, coñecementos opinións arredor de temas de actualidade ou de interese xeral.

Poliamor, parellas abertas, aplicacións de citas, match, novas sexualidades, mercantilización das emocións, a fin do amor? Todos estos son tan so algún dos termos e expresións que, dun tempo a esta parte, véñense incorporando ao dicionario do que é considerado un dos grandes temas da humanidade dende que o mundo é mundo, especialmente no eido da literatura e artes afíns: o amor romántico. Mais todo ese vocabulario moderno incide nunha idea principal: a aparición de novas formas de relacións afectivas e, sobre todo, a crise do modelo clásico do concepto de amor.

Xa hai uns vinte anos o sociólogo Zygmunt Bauman acuñara a expresión 'amor líquido' para designar o tipo de relacións interpersoais que se estaban a dar na sociedade posmoderna. Esas relacións caracterízanse pola fluidez, a falta de vencellos sólidos, a volubilidade e, en definitiva, a tendencia xeral a escapar do compromiso. Por suposto, iso ten moita relación coa cultura da sociedade de consumo, co seu principio hedonista da satisfacción inmediata e a súa filosofía de usar e tirar. Dúas décadas despois, o fenómeno non puido senón ir a máis debido ao impacto da tecnoloxía e s novas posibilidades virtuais dos algoritmos, e quen sabe o que nos deparará o futuro coa intelixencia artificial.

Para falar de todo isto, na Biblioteca Municipal Os Rosales contaremos coa presenza de Ana de Miguel, Profesora Titular de Filosofía Moral e Política da Universidad Rey Juan Carlos de Madrid. Foi directora do Observatorio de Género e do Programa de Doctorado de Estudios Interdisciplinares de Género e na actualidade dirixe o xa clásico curso Historia de la Teoría Feminista no Instituto de Investigaciones Feministas da Universidad Complutense de Madrid. Dentro da súa obra, destacan os seus libros 'Neoliberalismo sexual. El mito de la libre elección', (Cátedra) que alcanzou a 19º edición e 'Ética para Celia. Contra la doble verdad' (2021) en Penguin Random House (7ª edición y nueva reedición con epílogo 2023).

Queres saber ...

  • Charlas, conferencias e debates

    En que consisten as charlas?

    Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.

    Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.

    Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.

    Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión