Concertos e recitais
Xuvenil, Persoas adultas
18/10/2018
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
de 20 a 21 horas
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
981184392
Achégate a gozar da música en directo na biblioteca e aproveita para botarlle un ollo á selección de música
Assane, cubana de nacemento e coruñesa de adopción, aterra no Squad de Paz&Records para converterse na raíña do RnB. Con tan só dous temas publicados é finalista nos premios Martín Codax da Música 2018 (categoría: hip-hop/músicas urbanas) e en maio de 2018 saca ao mercado a súa ópera prima, o LP Through the Ocean. Os seus primeiros concertos son xunto a dous grandes do panorama. Debuta sobre o escenario en marzo de 2018 na Sala Capitol (Compostela) como artista convidada de Hard GZ, coruñés e un dos rapeiros máis exitosos e en auxe de España. Dúas semanas despois como artista convidada de Ricky Hombre Libre (Garufa - A Coruña) e repite como convidada de Hard GZ en xuño en Vitoria. O seu último concerto foi nun concerto de flamenco (con El Farru, Joselito e Luis Kito no cartel) onde ademais de mostrar a súa música, arríncase cunha fusión rap-flamenco xunto á banda de flamenco-rumba "Sueños cumplidos".
Queres saber ...
En que consiste Os xoves na Sagrada?
Os xoves na Sagrada son concertos entre libros, música e literatura unidos... Achégate a esta cita e descubre outra forma de gozar da biblioteca con estilos musicais de artistas de practicamente os 5 continentes: Aline Frazao, África Féte, Underskore Orkestra; de todos os barrios da nosa cidade: Os tres trebóns, Wolrus, May Thai & Torino Rockets; e doutros puntos de Galicia e España: Primordiais, Xoán Curiel ou El Kanka.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible