Concertos e recitais
Familias
23/11/2017
Xa rematou
De 19.30 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
981184392
Achégate a gozar da música en directo na biblioteca e aproveita para botarlle un ollo á selección de música
A proposta musical do grupo Los Plutones basease en ofrecer a un público predominantemente infantil a música dos grandes clásicos do rock, narrando unha historia que, ademais de servir de fío condutor para presentar os temas, se utiliza para que o público interactúe co espectáculo e participe nel. Durante o mesmo, actúan en directo tres músicos que contan con amplos coñecementos dentro do entretemento e a docencia. Os seus membros foron profesores de música en escolas infantís municipais da Coruña, participando mesmo con temas infantís propios. Ademais colaboraron co grupo Chimpín Express, dentro do proxecto "Contos para Falar", organizado por Política Lingüística da Xunta de Galicia. Este concerto está dirixido a público infantil e familiar.
Queres saber ...
En que consiste Os xoves na Sagrada?
Os xoves na Sagrada son concertos entre libros, música e literatura unidos... Achégate a esta cita e descubre outra forma de gozar da biblioteca con estilos musicais de artistas de practicamente os 5 continentes: Aline Frazao, África Féte, Underskore Orkestra; de todos os barrios da nosa cidade: Os tres trebóns, Wolrus, May Thai & Torino Rockets; e doutros puntos de Galicia e España: Primordiais, Xoán Curiel ou El Kanka.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible