Concertos e recitais
Persoas adultas
18/03/2019
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
20.30h
1h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
O ciclo "Poetas di(n)versos" son citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo, que no 2014 recibiu o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.
Andrew McMillan naceu en 1988 no condado inglés de Yorkshiredo Sur e vive hoxe en Manchester, onde traballa como lector senior da Escola de Escrita de Manchester, pertencente á Manchester Metropolitan University.
A ópera prima desta auténtica revelación da última poesía británica-physical [Físico]- foi o primeiro libro de poesía capaz de acadaro Premio The Guardian ao Mellor Libro Debut. A mesma colección de poemas acadou tamén o Premio Fenton Aldeburgh ao mellor poemario debutante, o Premio Somerset Maugham (2016), o PremioEric Gregory (2016) e o Premio dos Escritores do Norte (2014). Así mesmo resultou nomeada a galardóns tan prestixiosos coma o Dylan Thomas, o Premio Costa de Poesía, o The Sunday Times ao Escritor Mozo do Ano 2016, o Forward á Mellor Primeira Colección, o Roehampton de Poesía e o Polari ao Mellor Primeiro Libro. Do mesmo xeito foi sinalado como Recomendación para o Outono 2015 pola afamada Poetry Book Society. Por todo iso, Físico non tardou en ver a luz en noruegués (2017), logo en edición bilingüe inglés francés (2018) e faino nestes mesmos días en galego, na editorial compostelá Chan da Pólvora e grazas á tradución de Isaac Xubín.
O segundo poemario de McMillan, playtime [Recreo], publicouse en Jonathan Cape o pasado ano, e foi Recomendación para o Outono 2018 da Poetry Book Society.
Gonzalo Hermo naceu en Taragoña (Rianxo) en 1987. Na Universidadede Santiago licenciouse en Filoloxía Galega e doutorouse en Lingüística. Traballou no Instituto da Lingua Galega, impartiu docenciana mesma universidade na que se formou e fíxoo tamén na Universitat Autònoma de Barcelona. Deuse a coñecer na primeira xuventude publicando textos en revistas como Dorna, Andar 21, Nova Ólisbos ou a Revista das Letras do xornal Galicia Hoxe. Gonzalo Hermo reside actualmente en Barcelona, traballando no sector editorial e tamén como profesor do curso anual de poesía da Escola de Lletres. Ademais, exerce a crítica literaria para diversos medios galegos e cataláns e é membro fundador da editora e libraría Chan da Pólvora.
Os seus -até o de agora- tres libros de poemas comezaron con Crac(2011). Seguiulle Celebración (2014), que sería traducido ao catalán (Godall, 2016) e ao castelán (La Bella Varsovia, 2017). O mesmo título acadaría en 2014 o Premio da Crítica Española, e en 2015 significaría o primeiro Premio Nacional de Poesía Moza "Miguel Hernández" outorgado a un poemario galego. A súa obra máis recente, A vida salvaxe (2018) mereceu o prestixioso Premio de Poesía Afundación. Alén diso, Hermo participou en festivais de poesía de ámbito nacional e internacional, caso dos de Barcelona, Córdoba (Arxentina) ou Ottawa (Canadá).
Coma sempre, unha libraría de proximidade poñerá á venda os títulos das convidadas, quen se ofrecerán a asinar exemplares.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible