Encontros e presentacións
Infantil, Para público en xeral
18/12/2017
Xa rematou
De 18:30 a 19:30 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981 184 298
Julia Guenaga López, unha nena de 7 anos que acaba de escribir o seu primeiro libro coa axuda da súa nai, Rebeca López Otal.
PINK, el país de Julia:
"Mamá, sabes unha cousa? Vouche contar onde nacín de verdade..." Así comeza o conto de Julia Guenaga López, unha nena de 7 anos que acaba de escribir o seu primeiro libro coa axuda da súa nai, Rebeca López Otal. "PINK, el país de Julia", é un conto infantil onde Julia nos explica unha das súas aventuras xunto á fada rosa. Un conto que recolle toda a esencia da infancia: fantasía, ilusión, alegría... un país cheo de cor e cun final sorprendente. Pero máis aló do conto, como di Julia, o que máis lle gustou é facelo coa súa nai. Unha creación xuntas e moito tempo compartido entre elas."
Queres saber ...
En que consisten os encontros e as presentacións?
Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible