Talleres
Xuvenil
11 a 16 anos
15/11/2018
Xa rematou
Dende o 08/11/2018 ata o 15/11/2018
De 18 a 20 horas
Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín 3, 3º. 15002 A Coruña
981184382
Obradoiro de banda deseñada autobiográfica
Este obradoiro ten como obxectivo aprender a narrar unha historia persoal a través de viñetas.
Quen participe coñecerá o proceso de traballo da autora, Bea Lema, gañadora do XII Premio Castelao 2017 da Deputación da Coruña, así como os seus referentes. Para rematar crearán a súa propia historieta a partir das súas propias vivencias.
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible