Talleres
Infantil
De 7 a 12 anos
26/03/2018
Xa rematou
Dende o 19/03/2018 ata o 26/03/2018
18.30 a 20.15 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981 184 298
Buscas emocións agochadas nos libros?? Queres darlle vida a túa memoria?
Cansas das novas tecnoloxías?, gustas de xogar e descubrir aventuras nos libros? Dende a Biblioteca Fórum, xunto con Bea e Saúl de JuegosBesa.com, compartiremos unha tarde chea de xogos, aventuras, pistas... onde os xogos didácticos e de enxeño toman protagonismo.
A diversión está asegurada... PORQUE NOS ENCANTA XOGAR!
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible