Outras actividades
Para público en xeral
Dende o 18/07/2018 ata o 31/08/2018
Xa rematou
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza de Pablo Iglesias s/n. 15009 A Coruña
981184390
Rodrigo Lorenzo, un rapaz do barrio do Castrillón de 9 anos e membro da Asociación Española de coleccionistas de Clikcs de playmobil (Aes click) monta un diorama na biblioteca cos seus playmobil.
A recreación faina de xeito voluntario e adaptada á temática "polis e cacos", que é a absoluta protagonista durante este verán na biblioteca, cunha mostra de cine e literatura negra.
A maqueta poderá visitarse durante todo o verán no horario de apertura da biblioteca.
Nos últimos meses Rodrigo xa realizou diferentes maquetas noutros Concellos recreando o Camiño de Santiago ou a época Imperial romana, entre outras propostas.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible