Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Andrea Prada Castro

Andrea Prada, voluntaria en "Lecturas de ti a ti"

Lecturas de ti a ti é unha actividade desenvolvida dende a Biblioteca Ágora que consiste na lectura en voz alta dunha persoa voluntaria, dun texto de maneira individual, de ti a ti. Ao finalizar as lecturas, a persoa voluntaria fomentará a participación e o intercambio de impresións, tentando promover as relacións persoais e o diálogo; procurando ofrecer un tempo de atención personalizada.

Imos coñecer a Andrea Prada Castro, xestora cultural

En que programa colaboras?

Colaboro no programa "Lecturas de ti a ti"

Por que te fixeches voluntaria/o?

Fíxenme voluntaria porque sinto a necesidade de axudar ás diferentes comunidades coas que estou en contacto. Ademais, paréceme unha ferramenta moi útil para a integración social e para acadar e desenvolver valores éticos no conxunto da sociedade.

Participaches o participas en accións similares?

Antes de ser voluntaria en bibliotecas fixen varios voluntariados ambientais (eliminación de especies invasoras, limpeza de praias, limpeza de montes, reacondicionar bens patrimoniais, ...) e colaborei no departamento de inmigración da Cruz Vermella.

Que che achega a túa actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?

Poder desfrutar dunha das miñas paixóns, a lectura, e pór en valor aos nosos maiores, o seu coñecemento, as súas experiencias, memorias... é un privilexio! Síntome enormemente agradecida.


 

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión