Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Orzamentos Participativos: somos punto de apoio presencial

As bibliotecas somos un dos puntos de apoio presencial habilitados para ofrecerche a información e medios necesarios para que poidas facer as túas propostas aos Orzamentos.

Achégate á túa biblioteca e terás apoio directo para participar presentando as túas propostas, priorizar as que máis che gusten e/ou votar a/s que prefiras.

Calquera persoa empadroada na Coruña e maior de 16 anos pode propoñer algún investimento para a cidade e para os seus distritos. Para o exercicio 2019 destinaranse 3 millóns de euros: 1 millón para propostas que engloben toda a cidade e 2 millóns para repartir equitativamente entre os 10 distritos que a conforman.

Ademais de ser un dos puntos de apoio presencial, organizamos tamén un dos encontros abertos de debate e achega de propostas.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión