Contacontos
Para público en xeral
Dende o 26/12/2018 ata o 28/12/2018
Xa rematou
ás 12.30 e ás 19.00 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
Tel.: 981 184 389
O Nadal xa está aquí. Do mesmo xeito que se iluminan as rúas de maneira distinta, as bibliotecas locen diferentes. Este ano, a madeira e o cartón son as texturas que utilizamos para lucir a biblioteca cálida e acolledora.
Se pasades pola biblioteca, poderedes descubrir como elaborar estes adornos nas vosas casas utilizando materiais naturais e seguindo as recomendacións.
Tamén as bibliotecarias vos contarán historias.
Dúas boas propostas para mergullarnos no ambiente máxico desta época do ano.
Agardámoste!
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible