Clubs
Persoas adultas
02/10/2023
Xa rematou
Dende o 04/09/2023 ata o 24/09/2023
O horario elíxelo ti!
A Coruña
981184384
Se che apetece ler, compartir lecturas, opinións, reflexións..., pero sen horarios nin desprazamentos, este é o teu club!
O noso club virtual de lectura, ou Ciberclub, como o coñecemos agarimosamente, está aberto para ti 24/7 na internet. Só precisas inscribirte aquí se queres recoller na biblioteca Fórum un exemplar de cada lectura que propoñamos.
Consulta as normas e o funcionamento do ciberclub na seguinte ligazón:
Queres saber ...
En que consisten os clubs de lectura xerais?
Os clubs de lectura xerais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.
Non tes que ser un/unha experto/a lector/a: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
De luns a sábado, de mañá ou de tarde, seguro que hai un club para ti.
Máis informaciónSe che apetece ler, compartir lecturas, opinións, reflexións..., pero sen horarios nin desprazamentos, este é o teu club! O noso club virtual de lectura, ou Ciberclub, como o coñecemos agarimosamente, está aberto para ti 24/7 na Internet e non necesitas darte de alta para participar.
Só é necesario que te inscribas cos teus datos se queres recoller na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano un exemplar de cada lectura que propoñamos. Lembra que temos un número limitado de exemplares para clubs de lectura, polo que é posible que entres nunha listaxe de agarda. Consulta esta opción no correo: ciberclublectura@gmail.com.
En calquera caso, podes tentar conseguir as lecturas propostas pola túa conta. En tal suposto, nas bibliotecas podemos ter exemplares de préstamo común que podes solicitar, ou a súa versión dixital nas nosas plataformas de préstamo electrónico.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible