Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Contacontos: Caxoto: Unha noite no muiño

Por tipo de actividade:

Contacontos

Por tipo de público:

Infantil, Familias

A quen vai dirixido?:

De 4 a 10 anos

Cando:

15/11/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 08/11/2023 ata o 15/11/2023

Require inscrición

Horario:

De 18:00 a 19:00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático: Sube o volume

O mércores 15 de novembro ás 18 h. na Biblioteca Fórum Metropolitano, recibimos a Caxoto co espectáculo Unha noite no muiño.

Se unha tradición temos clara na nosa cultura é que non se remata ningún gran traballo sen celebralo por todo o alto. As vendimas, os fiandóns, a colleitas e sementes, a malla, ir ao muíño moer, ... eran todos traballos que conxugaban ao remate da xornada baile, música e festa rachada.

Neste espectáculo Caxoto fai un percorrido por esas tradicións, cóntannos como se divertían as nosas avoas e avós e converte o escenario nun local de baile improvisado onde escoitaremos de muiñeiras, agarrados, pasodobres, ... ao son dos nosos instrumentos: gaita, pandeireta, acordeón, ... e quen sabe? ... cun pouco de sorte incluso aprendemos a bailar unha sinxela muiñeira.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión