Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Contos para un mundo mellor, de Mamá Cabra

Por tipo de público:

Familias

A quen vai dirixido?:

Familias

Cando:

28/05/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 21/05/2019 ata o 28/05/2019

A inscrición comezará ás 10.00 h na páxina web da Biblioteca Municipal de Monte Alto. Para crianzas de máis de 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Formulario de inscrición

Horario:

18.00 horas 

Duración:

1 h aprox.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín s/n, 3º. 15002 A Coruña

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Gloria é a voz e unha das fundadoras de MAMÁ CABRA, o grupo pioneiro especializado en música infantil galega que leva xa 15 anos regalándonos cancións.

En Contos para un mundo mellor, con Gloria de Mamá Cabra e Diego Maceiras, desfrutaremos de cancións e historias que tratan temas como o medo, o coidado da natureza, o acoso escolar, o saber dicir NON, para fomentar a reflexión sobre os mecanismos necesarios para a paz e a felicidade.

Esta actividade desenvolverase na Biblioteca Infantil Municipal de Monte Alto.

Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, dentro do programa Apego.

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión