Contacontos
Infantil, Familias
Para nenos e nenas de 1 a 3 anos
24/10/2018
Xa rematou
Dende o 17/10/2018 ata o 24/10/2018
Require inscrición
17.00 horas
Punto de servizo bibliotecario Mesoiro. Rúa Os Ancares 15. 15190 A Coruña
981 184 370
Contacontos con Charo Pita
Dondondirindonga e Dondondiringón son dúas campás que viven no alto dunha torre. Todo o mundo coñece o seu canto, pero un día as campás enmudecen. Quen será capaz de devolverlles a voz?
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible