Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obradoiro de encadernación xaponesa

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

+ 18 anos

Cando:

25/04/2024

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 18/04/2024 ata o 25/04/2024

Require inscrición

Horario:

De 11:30 a 13:00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

As Bibliotecas Municipais da Coruña celebrarán a Semana do Libro con actividades literarias do 22 ao 27 de abril baixo o lema “Letras que unen, oficios que inspiran e historias que transforman”. Con actividades para públicos de todas as idades: obradoiros, contacontos, recitáis, faladoiros, mostras bibliográficas e unha solta de libros o 23 de abril.

Na Biblioteca Os Rosales, para público adulto e en horario de mañá, imos festexar o Día do libro cun Obradoiro de encadernación xaponesa da man de Códice, unha empresa de encadernación coruñesa que conta co selo de Artesanía de Galicia. Leva dende 1980 adicándose á encuadernación artesanal realizando todo tipo de traballos neste eido.

A encadernación xaponesa realízase mediante un proceso totalmente manual, e xeralmente asóciase á encadernación de obxectos persoais de certo valor: álbums de fotos feitos a man, libros, axendas, etc. Imos velo todas xuntas na Biblioteca Os Rosales!

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión