Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Paco Nogueiras: C@nto contigo

A quen vai dirixido?:

De 3 a 8 anos

Cando:

10/10/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 03/10/2023 ata o 10/10/2023

Require inscrición

Horario:

Das 18.00 ás 19.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Teléf.: 981 184 298

Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático: Sube o volume

O martes 10 de outubro ás 18.00 h na Biblioteca Fórum Metropolitano, recibimos a Paco Nogueiras co espectáculo C@nto contigo!

C@nto contigo é un espectáculo onde Paco Nogueiras fai un percorido por cancións dos seus traballos "Brinca Vai!", "Radio Bulebule" e "Extra!" sacando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido.

Neste GRANDES ÉXITOS hai retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos.

Paco Nogueiras chega acompañado dos seus instrumentos facendo un percorrido por un amplo abano de estilos musicais, dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais.

C@nto contigo convértese así nunha oportunidade de cantar con amigos e amigas nun particular concerto onde a música e o humor transformará a nosa biblioteca.

Esta actividade require inscrición previa.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión