Charlas e debates
Persoas adultas, Xuvenil
27/05/2017
Xa rematou
De 12:30 a 13:30 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981184298
Ven coñecer o Proxecto para recuperar a memoria dos Castros a través da conversa e do patrimonio esquecido.
Pantasmas de Oza é o resultado dun obradoiro de memoria organizado pola Asociación Veciñal Oza, Gaiteira, Os Castros co apoio da Concellería de Participación do Concello da Coruña. O xerme da idea é un mapa interactivo creado no IES Monte das Moas e máis nun proxecto colectivo desenvolto no Popathon de Coruña Dixital.
Mediante fotos antigas localizamos e documentamos o patrimonio desaparecido do barrio como un mapa das cicatrices que a expansión industrial e urbanística da cidade deixaron na Gaiteira e Os Castros trala fusión dos municipios de Oza e A Coruña en 1912. Así, colaboramos no arquivo e difusión da memoria facilitando que as leccións do pasado inspiren as decisións do noso presente.
Organización: Paulo Sexto e Emilio Vega
Coordinación: Cristina de la Torre
Participaron: José Carlos Alonso, Pepe Antas, Arturo de Lombera, Agustín Lorenzo, Susana Gómez, Manish Gómez, Olga Aguiar, Pili, Tania Galán, Mina Gómez, Antonio Vázquez, Yosune Rodríguez, Geme Antas, Abdi Antas, Paco, Margarita, Ramón, Jaime, Antón, Leticia, Mayte López, Obdulia Piñeiro, Curra Rodríguez, Eugenia Herrera, Juan Luis Rodríguez, Paco, Álvaro Sarandeses
Colaboraron: Rodri García, Pedro Fontenla, David Fernández, Ramon Parada, Begoña Pastoriza, Jorge Lama, Centro Cívico de San Diego, IES Monte das Moas, veciños das Xubias, Gaiteira e Os Castros
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible