Encontros e presentacións
Persoas adultas
27/09/2018
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
de 19.00 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981184389
Presentación do documental "Tecido resistente: a silenciosa revolución das mulleres de Présaras", de Marina Chiavegatto, gañador do I Premio Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade convocado pola Deputación da Coruña.
O documental Tecido resistente: a silenciosa revolución das mulleres de Présaras é a historia dos centos de mulleres que cambiaron a economía e a organización social de toda unha comarca nos primeiros anos do século XX en Galicia. Traballaban na fábrica Hilados y Tejidos de Vilasantar e cos cartos que gañaban encargábanse de manter a economía familiar. Axiña descubriron que o salario que recibían era algo máis que só un feixe de billetes: era a súa independencia, o empoderamento feminino antes incluso de que ese concepto chegara a Galicia.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible