Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Presentación do libro "Houdini" de Eduardo Caamaño

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

+ 14 anos

Cando:

05/10/2016

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19 a 20 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

O autor sorteará entre as persoas asistentes á presentación un exemplar do seu novo libro "Houdini"

"Houdini: la biografía definitiva del mago más célebre de todos los tiempos". Autor: Eduardo Caamaño (Editorial Almuzara)

Houdini foi un artista completo e un innovador inesgotable. Ademais dos seus espectaculares escapes, dominaba á perfección a arte do ilusionismo escénico: foi un gran propagandista e un mestre da publicidade e soubo aproveitar o poder emerxente dos medios de comunicación, promocionando o seu nome mellor que ningún outro mago da súa época. Tamén protagonizou películas de cinema mudo, foi pioneiro da aviación, editor, escritor e converteuse nun activo militante contra o movemento espiritista despois da morte da súa nai -con quen estaba obsesionado-. A través dunha deliciosa inmersión na idade dourada da maxia, esta obra pretende converterse na máis completa e moderna biografía que se publica en español sobre o gran mago escapista. O autor, que manexa unha documentación abundante e selecta, explica ao detalle os seus trucos e desafíos, rompe cos seus mitos máis comúns e relata minuciosamente os feitos que desencadearon a súa inesperada morte na noite de Halloween de 1926.

EDUARDO CAAMAÑO (Río de Janeiro, 1972) é economista, especialista en creación literaria e afeccionado á historia. Despois de publicar a exitosa biografía Manfred von Richthofen, El Barón Rojo (2014) decidiu realizar unha inmersión na época dourada da maxia, tomando como fío condutor a vida e traxectoria do gran Houdini. O resultado deste proxecto culminou coa publicación desta obra, que inclúe importante información traducida ao español por primeira vez, o que a converte, polo tanto, no traballo máis completo sobre o mago escapista no noso idioma.

Queres saber ...

  • Encontros con autores e presentacións de libros

    En que consisten os encontros e as presentacións?

    Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión