Encontros e presentacións
Persoas adultas, Xuvenil
11/10/2018
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
De 19.00 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Pablo L.T. Noval estará acompañado polo cantautor coruñés César de Centi, que fará de mestre de cerimonias.
Pablo L.T. Noval (A Coruña, 1984) é docente de español na Universidade de Bamberg, cidade á que se mudou no ano 2010. Na mesma universidade, Noval estudou alemán e actualmente cursa Filoloxía Románica e Inglesa con énfase na literatura. Así mesmo, é profesor de español na empresa Brose desde 2012 e imparte outros cursos alá onde lle deixan, como na Universidade de Bayreuth, onde foi lector de español entre 2014 e 2016.
O escritor coruñés é un amante do fútbol e da música, das linguas e da súa poesía. Noval é autor de numerosos contos, relatos e poemas e co-escritor de tres obras de teatro para o grupo español da Universidade de Bamberg. "La ciudad de los olvidados", inspirada no mundo fantástico do escritor alemán Hoffmann, é a súa primeira novela.
Queres saber ...
En que consisten os encontros e as presentacións?
Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible