Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

O PP esíxelle a Ferreiro que poña fin aos problemas laborais das persoas traballadoras de Deportes

Rosa Gallego mostroulles o seu apoio ante os problemas derivados de que a empresa estea sen contrato desde hai ano e medio e esíxelle a Ferreiro que lle requira que cumpra as condicións laborais que figuran no prego.

O PP insta a Ferreiro a cumprir a moción Popular aprobada en marzo e licitar un novo contrato de Deportes que se está prestando sen cobertura legal desde setembro do 2016.

As cláusulas sociais das que presume Ferreiro son un paripé porque o concelleiro de Deportes coñece a situación e non fixo nada e a concelleira de Igualdade non os recibe a pesar de que tamén existen problemas de conciliación familiar.

A Portavoz do Grupo Municipal Popular, Rosa Gallego, reuniuse con representantes das persoas traballadores dos servizos complementarios de deportes para mostrarlles o seu apoio ante as súas reclamacións ao Goberno municipal para que garanta as súas condicións laborais derivados de que a concesionaria presta o servizo sen contrato co Concello desde setembro do 2016.

O PP esíxelle a Ferreiro que lle requira á empresa que cumpra o calendario de traballo, as quendas e as condicións laborais que figuran no prego da licitación á que se presentou a actual concesionaria.

Os Populares critican que Ferreiro presuma de cláusulas sociais nos contratos que non son máis que un paripé. As persoas traballadoras denuncian modificacións das condicións laborais mentres o concelleiro de Deportes mira para outro lado a pesar de coñecer a situación. Tamén existen problemas de conciliación familiar polo que solicitaron reunirse coa concelleira de Igualdade, sen resposta.

O PP insta a Ferreiro a poñer fin á incerteza laboral dos centos de traballadores de empresas que están a prestar servizos municipais sen contrato, que no caso de Deportes afecta a 70 traballadores, e que cumpra a moción do PP aprobada en marzo.

Na moción ínstase a Ferreiro a licitar xa un novo contrato de Deportes que se presta sen cobertura legal desde hai ano e medio. Desde entón, Ferreiro está a pagar o servizo con facturas irregulares con reparo suspensivo de intervención por importe de 120.000 euros mensuais sen contrato que o ampare.

Na mesma situación están 130 traballadores do servizo de Recollida de lixo, sen contrato desde xaneiro de 2017 e sen licitar o novo. Ferreiro xa pagou con reparo suspensivo de intervención máis de 11 millóns de euros (900.000 euros mensuais). A situación agravarase porque o de Limpeza viaria, con 270 traballadores/as e 900.000 euros mensuais, finaliza en xuño e tampouco se licitou.

Partido Popular

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.

Tel.: 981 184 265

Correo electrónico: grupopp@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 15

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión