Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

O PP solicita un pleno extraordinario para que Ferreiro revise de oficio a compra de inmobles ao asinante

· Rosa Gallego propón que se acorde a revisión de oficio do expediente ante as irregularidades detectadas, co ditame previo preceptivo e vinculante do Consello Consultivo

· O PP destaca que tampouco publicaron no BOP a resolución de compra previamente á sinatura como din as bases e que Ferreiro gastou diñeiro público en comprar unha vivenda ilegal en lugar de sancionar a persoa propietaria

· Ferreiro ten quince días hábiles para a convocatoria do Pleno ao contar o Grupo municipal Popular cos concelleiros mínimos que esixe o Regulamento para a súa celebración

A Portavoz do Grupo Municipal Popular, Rosa Gallego, anunciou que solicitaron hoxe a convocatoria dun Pleno extraordinario sobre a compra dos dous inmobles con irregularidades a un asinante da Marea que Ferreiro ten que convocar en quince días hábiles ao contar cos concelleiros esixidos.

Na súa solicitude, o PP propón que na devandita sesión se acorde incoar un procedemento de revisión de oficio do expediente ante as irregularidades detectadas nos dous inmobles, previo o ditame preceptivo e vinculante do Consello Consultivo, e que termine, se é o caso, coa declaración de nulidade do acordo de adquisición porque non se trata de erros, senón de vicios de nulidade.

O PP lembra que foron os concelleiros de Contratación e de Renexeración Urbana os que desviaron as posibles responsabilidades cara aos funcionarios da comisión de valoración aos que en ningún momento cuestionou a oposición.

As irregularidades do inmoble da rúa Joaquín Martín Martínez afectan á súa condición de local comercial, a que non cumpre a superficie útil mínima nin a do dormitorio principal, á titularidade rexistral, ás cargas hipotecarias, á taxación como vivenda e á ausencia de ascensor. O da rúa Santander tampouco cumpre coa superficie.

O dono destes inmobles non é un asinante da Marea sen máis, está na organización. Ferreiro está a gastar diñeiro público na compra dunha vivenda ilegal no canto de sancionar a persoa propietaria.

Ademais, ambos os inmobles foron escriturados e pagados antes de finalizar o prazo para posibles recursos e as bases recollen que había que publicar a resolución de adquisición previamente á compra e non o fixeron. Agora teñen un problema que non existiría se publicasen a resolución antes da compra e o pago.

Partido Popular

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.

Tel.: 981 184 265

Correo electrónico: grupopp@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 15

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión