Clubs
Xuvenil
12 a 16 anos
Dende o 08/11/2018 ata o 17/01/2019
Reunións os xoves cada quince días
Xa rematou
Dende o 25/10/2018 ata o 17/01/2019
De 18.30 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
Tel.: 981 184 388
Chega a nova tempada do Club de Lectura Xuvenil "ElClú"!!!
Se tes moito por ler, e moito por dicir, propoñémosche as reunións do Club de Lectura xuvenil ElClú, no que compartir lecturas, coñecer xente e intercambiar opinións, descubrir personaxes interesantes e algunha que outra saída pola cidade.
Esta será a primeira das xuntanzas onde nos coñeceremos e poremos en marcha unha nova edición de #ElClú. A partir de aí, agardámosvos os xoves cada quince días. Á mesma hora. No mesmo sitio.
Comeza a inscrición!
Queres saber ...
En que consisten os clubs de lectura para a mocidade?
Os clubs de lectura presenciais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.
Non tes que ser experto/a lector/a: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible