Concertos e recitais
Para público en xeral
30/05/2019
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade.
De 19.00 a 20.00 horas.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
O último xoves de cada mes gozaremos da música na biblioteca da man do alumnado da Asociación de Estudantes do CSM da Coruña!
O ciclo "En clave de Á" naceu como unha colaboración entre a Asociación de Estudantes do CSM da Coruña e a Biblioteca para ofrecer a música de solistas e grupos de cámara do Conservatorio nun espazo diferente. Con esta colaboración queremos dar a oportunidade ao alumnado de que ensaien o seu repertorio con público real e aos nosxs usuarixs de que gocen de música en directo.
Nesta ocasión gozaremos da música da man do grupo de jazz, composto por: Lucas Cobo (guitarra), André Outumuro (saxofón) e Efrén Novoa (baixo eléctrico).
O programa deste concerto comprende varios standars de jazz, así como tamén composicións propias inspiradas en música popular arxentina e brasileira.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible