Cursos e formación
Infantil
De 9 a 10 anos
06/04/2020
Xa rematou
Require inscrición
de 11.30 a 13.30 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981184388
Para aprender cousas novas e crear dun xeito práctico
O persoal voluntario de Protección Civil estará na Biblioteca Infantil e Xuvenil para explicarnos o traballo que realizan a diario.
Un taller no que poderán participar as familias para coñecer as técnicas de primeiros auxilios de RCP (reanimación cardiopulmonar) e DESA ( desfibrilador externo semiautomático).
Faremos un percorrido polos 36 anos en activo da agrupación municipal, a través de fotografías, nas que se poderá ver o desenvolvemento das tarefas de prevención en eventos como os partidos do Deportivo, concertos, carreiras populares, así como na procura de persoas desaparecidas, acompañamentos escolares en bicicleta, ou protagonizando salvamentos.
As e os menores deberán vir en compañía dunha persoa adulta.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible