Imaxe tomada da Asociación Ío
Visitas guiadas
Para público en xeral
23/09/2017
Xa rematou
Dende o 18/09/2017 ata o 22/09/2017
De 12.00 a 13.00 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
981 189 886
Visita a exposición "Con A de astrónomas" da man da Asociación Ío!
Durante quince días, do 15 ao 28 de setembro, estará no Centro Ágora unha exposición de trece paneis co título "Con A de astrónomas", sobre a presenza da muller na astronomía.
Para a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío é importante que a cidade da Coruña poida gozar, pública e gratuitamente, desta exposición na que se repasan os principais fitos da astrofísica, desde a antigüidade ata os nosos días, nos que o papel da muller foi fundamental. O descubrimento dos púlsares, a estrutura a gran escala do universo ou a medida das distancias estelares son algúns dos exemplos explicados nos seus trece paneis.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible