Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Visita de 1º e 2º de Educación Secundaria: A cascarilla

Tipo de actividade:

Visitas guiadas

Destinatarios:

Infantil / Centros escolares

Require inscrición

De outubro a maio

En que consiste esta visita?

Partindo dun personaxe imaxinario, Sr. Cascarilleiro, gran coñecedor de Galicia en xeral e da Coruña en particular, preséntase un xogo que consiste en realizar un percorrido por un perfil da cidade da Coruña, integrado por 25 casas que formulan preguntas ou probas sobre feitos e anécdotas relativas á cidade: Isto está na miña cidade, Quen é quen, Viaxe arredor do tempo, O Baúl do Sr. Cascarilleiro.

Obxectivos da visita

  • Presentar a Biblioteca de Estudos Locais, diferenciándoa, debido á especificidade dos seus fondos, do resto das bibliotecas do Sistema Municipal
  • Dar a coñecer a biblioteca como centro de información sobre a localidade

Lugar de realización

Biblioteca de Estudos Locais

Inscricións

A oferta anual destas visitas realízase a través do programa Coruña Educa que xestiona o Servizo Municipal de Educación. Cada mes de setembro publícase a convocatoria e ábrese o prazo para que os centros poidan realizar as solicitudes para o curso escolar vixente.

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?