Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Visita de 2º de Educación Primaria: Xuízo ao lobo feroz

Tipo de actividade:

Visitas guiadas

A quen vai dirixido?:

Infantil / centros escolares

Require inscrición

De outubro a maio

En que consiste esta visita?

Os/as nenos/as reciben unha invitación á realización do Xuízo ao Lobo Feroz que terá lugar na biblioteca. Eles/as xunto co/a seu/súa profesor/a formarán parte da defensa a un Lobo que as bibliotecarias pretenden expulsar da biblioteca achegando probas do seu mal comportamento como protagonista nos contos de ficción. Nun xuízo moi intenso no que acusación e defensa poñen toda a carne no asador, valorarase a pertinencia de que os contos de lobos queden na biblioteca ou sexan retirados. Despois de todo... o lobo é malo sempre? E que hai do lobo como animal mamífero? Unha divertida trama que lles axudará aos nenos/as a descubrir as figuras dos escritores/as e ilustradores/as, e a afianzar a diferenza entre contos de ficción e libros informativos.

Obxectivos da visita

Nesta visita o noso traballo céntrase fundamentalmente no traballo do álbum ilustrado e na lectura de imaxes, dándolles un certo protagonismo aos contos clásicos da literatura infantil

  • Fomentar a lectura de imaxes como destreza ou capacidade
  • Interpretar as ilustracións/imaxes dos textos
  • Identificar o título e o/a autor/a nas obras de ficción
  • Identificar o/a autor e o/a ilustrador/a e distinguir as súas diferentes funcións
  • Inventar historias a partir das ilustracións dun libro
  • Fomentar o gusto por ver ou ler os libros

Lugar de realización

Biblioteca Ágora

Biblioteca Castrillón

Biblioteca Fórum Metropolitano

Biblioteca Infantil e Xuvenil

Biblioteca Monte Alto

Biblioteca Os Rosales

Biblioteca Sagrada Familia

Inscricións e información

A oferta anual destas visitas realízase a través do programa Coruña Educa que xestiona o Servizo Municipal de Educación. Cada mes de setembro publícase a convocatoria e ábrese o prazo para que os centros poidan realizar as solicitudes para o curso escolar vixente.

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?