Visita o álbum de fotos desta actividade
Contacontos, Bebeteca
Bebés, Familias
De 13 a 24 meses
10/02/2018
Xa rematou
Dende o 03/02/2018 ata o 10/02/2018
De 18.00 a 19.00 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981 184 388
Porque non é demasiado axiña para descubrir co teu bebé as palabras, o ritmo e as historias.
Sesión dirixida a familias con bebés entre 13 e 24 meses. Nelas compártense contos, historias, cancións e retahílas para as primeiras idades, rodeados de libros que explorar e cos que experimentar.
Queres saber ...
En que consisten os bebencontros?
Sesións dirixidas a familias con bebés entre 0 e 24 meses. Nelas móstraselles aos pais e nais que facer cos libros, as historias, as cancións, os contos... nestas primeiras idades.
Nestas reunións de pais, nais, bibliotecarios/as e bebés escóitanse, míranse e manipúlanse libros, apréndense cancións, explórase e experiméntase.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible