Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Curso de whatsapp

Por tipo de actividade:

Cursos e formación

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

+ 14 anos

Cando:

Dende o 12/09/2016 ata o 13/09/2016

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 05/09/2016 ata o 12/09/2016

Inscrición presencial

Horario:

de 9 a 12 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

Pensas que non lle estás sacando todo o proveito ao teu móbil? Gustaríache coñecer todos os recursos de Whatsapp para comunicarte con familia e amigos?

Con este curso de Whatsapp poderás estar ao día en comunicación de forma segura aprendendo a xestionar os teus contactos telefónicos, creando grupos de difusión para enviar fotos, documentos ou, mesmo, a túa situación no mapa.

Programa do curso

  • Whatsapp e outros sistemas de mensaxes
  • Instalación
  • Configuración básica: fondos, notificacións, sons, iconas, etc
  • Privacidade, lectura e confirmación de lecturas
  • Xestión de contactos
  • Creación de grupos
  • Envíos e recepción de mensaxes de texto
  • Reenvío de mensaxes
  • Envío de adxuntos: fotografías, gravacións sonoras, vídeos e xeolocalizacións
  • Consumo de datos e uso do wifi

 

Necesitas máis información para saber...

Queres saber ...

  • Formación en competencias dixitais

    Programa de formación en competencias dixitais para un uso creativo, crítico e seguro das tecnoloxías dixitais que permita alcanzar obxectivos relacionados co traballo, a empregabilidade, a aprendizaxe, o uso do tempo libre, a inclusión e participación na sociedade.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión