Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

IGM: Xogamos ao grande!

Por tipo de actividade:

Outras actividades, Talleres

Por tipo de público:

Para público en xeral, Familias

A quen vai dirixido?:

Para todos os públicos.

Cando:

18/11/2023

Xa rematou

Horario:

De 10:00h a 14:00h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

Na Biblioteca Durán Loriga celebramos o International Games Month uníndonos a esta iniciativa da American Library Association.

Este ano volvemos sumarnos a esta interesante iniciativa internacional de poñer en valor os xogos nas bibliotecas, promovida por unha organización internacional do ámbito bibliotecario, a ALA (American Library Association) e dirixida por voluntarios de todo o mundo para reconectar comunidades a través das súas bibliotecas en torno ao valor educativo, recreativo e social de todo tipo de xogos.

Na biblioteca Municipal Durán Loriga apostamos por poñer en valor o importante papel que poden tomar os xogos nas bibliotecas e entendemos que as programacións arredor dos xogos personifican a biblioteca creando un lugar comunitario para socializar e xogar. Sumámonos a esta iniciativa co obxectivo de sensibilizar sobre os beneficios sociais e educativos do xogo.

Dentro da programación do IGM na biblioteca Durán Loriga queremos que veñades a pasar esta mañá rodeados de xogos de sempre e tamén a coñecer novos xogos. Para este día contaremos con: MELGA (Museo etnolúdico de Galicia) que nos traerá xogos tradicionais, e coa Asociación DRACO que nos invitará a xogar en directo xogos de mesa e de rol para todas as idades. Invitámosvos a vir a biblioteca a xogar en familia, cos amigos e amigas, cos veciños e veciñas! Non é necesaria a inscrición previa nesta actividade.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión