Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Nadal de letras e xogos: Presentación do conto "Aventura en la Fraga Mágica"

A quen vai dirixido?:

De 5 a 8 anos

Cando:

27/12/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/12/2023 ata o 27/12/2023

Require inscrición

Horario:

Das 18.30 ás 19.30 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

Correo electrónico: bduranloriga@coruna.gal

Teléfono: 981 184 388

O Nadal pode celebrarse en calquera lugar e de múltiples formas. Invitámoste a pasar o Nadal na biblioteca Durán Loriga cunha serie de actividades pensadas para todos os públicos: contacontos, obradoiros, presentación de libros, xogos e tamén moitas recomendacións lectoras.

Marita Muñíz Rial estará na Biblioteca Durán Loriga o día 27 de decembro ás 18.30 h para presentar o seu primeiro conto: "Aventura en la fraga mágica". 

Fará un contacontos da súa historia e dous obradoiros, todo para crianzas de 5 a 8 anos.

Esta obra é un relato de maxia e amor, que pretende concienciar sobre o fundamental que é coidar e preservar a natureza, a nosa casa, fogar e protección. Esta historia, inspirada no encontro cun impoñente cervo que viu nunha visita ao parque natural das Fragas do Eume, ideouna para transmitirlles aos seus sobriños a necesidade de coidar o noso planeta.

A autora non se dedica profesionalmente a escribir, pero sempre foi moi creativa e no ano 2020, apurada pola situación que estabamos vivindo e un futuro incerto, deixou saír á luz todo o seu mundo interior e os relatos que tiña na cabeza e creou esta historia.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión