Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obradoiro de elaboración de Libros Pop-Up

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

De 8 a 12 anos

Cando:

25/04/2024

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 18/04/2024 ata o 25/04/2024

Require inscrición

Horario:

De 18:30 a 20:00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

As Bibliotecas Municipais da Coruña celebrarán a Semana do Libro con actividades literarias do 22 ao 27 de abril baixo o lema “Letras que unen, oficios que inspiran e historias que transforman”. Con actividades para públicos de todas as idades: obradoiros, contacontos, recitáis, faladoiros, mostras bibliográficas e unha solta de libros o 23 de abril.

O xoves 25 de abril ás 18.30 h. na Biblioteca Fórum, recibimos a Aida Alonso, que vai a realizar un Obradoiro de elaboración de Libros Pop-Up, para crianzas de 8 a 12 anos.

Neste obradoiro, con inscrición previa, os nenos e nenas debuxaran con papel e tesoiras e elaborarán un libro despregable, en pop-up.

Partirase da ilustración como un espazo de xogo sen normas no que todo o que se imaxina pode ser posible. O papel convértese nunha caixa ilimitada de historias.

A dinámica será determinar unha temática en torno a unha personaxe elixida e creada por cada participante. Unha primeira páxina terá o retrato da personaxe, a seguinte o lugar onde vive (habitación, paisaxe) e pouco a pouco irase construíndo a historia.

Aida Alonso, ilustradora galega que debuxa con tesoiras.

Como ela recoñece, naceu acompañada dun libro, un papel e un pequeno rotulador amarelo. Aínda que os seus traballos tamén están vencellados á acuarela e tinta, Aida destaca polos seus proxectos nos que debuxa con tesoiras.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión