Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Presentación do libro "Intema Gestión"

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

27/03/2019

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

De 19.30 a 21.00 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Hashtag:

#transformaciondixital

Contacto:

bagora@coruna.es

981 189 886

O método "Intema Gestión", guía para la transformación digital de las PYMES.

Os avances tecnolóxicos están mudando dunha forma extremadamente rápida os hábitos das persoas, da sociedade. A saúde, as comunicacións, a forma na que nos relacionamos. E tamén está afectando ao futuro dos postos de traballo. As empresas deben adaptarse rapidamente a estes cambios.

"Intema Gestión" é un método de traballo integral para pilotar empresas e negocios, especialmente orientado para que as PYMES poidan utilizar ferramentas que están a empregar as grandes corporacións.

Na presentación do libro, teremos ocasión de escoitar a expertos neste ámbito como:

  • David Fernández Veloso, director do Máster en Transformación Dixital en EF Business School. Conta con experiencia como interim manager e é socio fundador de Valorea.

  • Frankie Gómez, CEO en Confirmsign, unha empresa tecnolóxca que está crecendo xerando servizos de valora para eliminar o papel como soporte documental. Creativo, experto en márketing e en novas tecnoloxías e coach de negocios

  • Roberto Alonso, autor do libro, interim manager con máis de vinte anos de experiencia en dirección de pymes en varios sectores. Preside a organización Red Activa e é socio fundador de Valorea.

  • Rodrigo García é interim manager experto en ventas. Dirixe Logos Vendere. É o promotor e director do I Foro Empresarial Cidade de Narón. Coach de equipos, especialmente no eido das ventas.

Queres saber ...

  • Encontros con autores e presentacións de libros

    En que consisten os encontros e as presentacións?

    Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión